‘COMPOSTELA EN CLAVE’ E AS SÚAS CLASES MAXISTRAIS, PRESENTOUSE HOXE

Fecha de publicación: 8 septiembre de 2025

A Concellaría de Mocidade, en colaboración con Art Music Agency, organiza as seguintes clases maxistrais, a modo de encontro coa mocidade de Compostela, pero moi especialmente coas bandas do Centro Xove de Creación Cultural.

Estos encontros representan a oportunidade de conectar ás bandas do CX con profesionais de primeiro nivel da música e alcance internacional. Terán lugar nas seguintes datas, e indicamos os artistas convidados:

19 de setembro Leo Jiménez (voz)

30 de setembro Tino di Geraldo (batería)

21 de outubro Pepe Bao (baixo)

4 de novembro Pablo Novoa (composición e arranxos)

11 de novembro Jorge Martínez (guitarra)

Participar é de balde, con priodidade para as bandas dos locais de ensaio do Centro Xove. Ofrecemos un total de 50 prazas por encontro, para persoas que teñan entre 14 e 35 anos, empadroadas no Concello de Santiago de Compostela.

Como inscribirse:

Enviando un correo electrónico a info@centroxove.com

O prazo de inscrición é do 8 ó 19 de setembro pola mañá.

A actividade é de balde, pero require inscrición previa. Para máis información, podes chamar ao número de teléfono 666 993 839.

Noticias