CONTA ATRÁS PARA O PECHE DO XACOBEO 21-22

Este é o espectáculo de luz, son e danza que se poderá disfrutar o día 31 de decembro na Praza da Quintana de Santiago de Compostela ás 19:00 horas con motivo do peche da Porta Santa, dentro do acto co que se dá por concluído este Xacobeo 21-22.

O espectáculo corre a cargo da compañía Nova Galega de danza, e despregará o seu corpo de baile para ofrecernos unha obra creada para a ocasión a modo de metáfora peregrina que percorre o Camiño de Santiago por última vez este Ano Santo a través do baile, a música, o canto, a luz e as sombras.

Video resumen • Espectáculo de luces, son e danza