SUSANA SEIVANE EN O PEDROUZO - O PINO NAS "EXPERIENCIAS NO CAMIÑO FRANCÉS"
O Centro sociocultural Luís Seoane de O Pedrouzo - O Pino, acollerá un concerto da artista galega Susana Seivane o día 31 de outubro ás 20:00 horas.
Tras oito anos de silencio discográfico Susana Seivane presenta o seu quinto álbum.
FA (Fiz e Antón) é unha profunda introspección no eido da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal. Con temáticas universais como o amor superlativo, o medo, a inseguridade ou a felicidade absoluta, Seivane constrúe unha paisaxe sonora sen esquecer as súas raíces dotándoa de novos matices froito da súa madurez como compositora e instrumentista. Sen perde-la súa esencia definitoria,
Susana explora novos ritmos imprimindo modernidade na tradición e erixíndose como unha das máis virtuosas gaiteiras de tódolos tempos. 'FA' é o disco máis persoal ata agora de Susana Seivane.
A entrada será́ de balde con reserva previa, a partir do luns 19 de outubro, no teléfono 981511065 (De 10:00h a 14:00h de luns a venres) ou no correo cultura@opino.gal
Este concerto pertence ao programa cultural “Experiencias no camiño francés”promovido pola Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés e cumprirá coas medidas hixiénico sanitarias.
As prazas son limitadas e iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición ata un máximo de 4 prazas por reserva. As persoas que fagan reserva de máis dunha entrada declaran responsablemente ser convivintes.
O día do concerto, as persoas con reserva deberanse presentar como mínimo 15 minutos antes do concerto. No caso de non facelo, esas prazas quedarán a disposición de público sen reserva por orde de chegada.